www.infolanzada.com nueva boya en la lanzada

javiervigo

Totalwind Jedi
Mensajes
1.690
Puntos
0
Ubicación
vigo
Ya está operativa la boya qeu pusieron en la lanzada, muy buena gente los que la montaron, cualquier duda les manadas un correo y contestan rapidísimo. Están en período de pruebas http://infolanzada.com/
 
pongo aquí lo que me mandaron por correo estos días, les contesté diciendo que la boya el mejor sitio es delante del puesto de socorro para controlar el viento y las olas para wind y surf que es la zona donde nos metemos, me contestaron diciendo que a ver si podía ser, por lo que veo nos tienen muy en cuenta, les sugerí que pusieran la velocidad en nudos y lo hicieron, si alguien tiene algo más que aportarles que le mande un correo que seguro que les interesa.

Boas tardes amigos de Infolanzada,

Debido aos comentarios que imos recibindo pola web, gustaríanos explicarvos un par de aspectos de Infolanzada que seguro son do voso interese.

En relación a estación meteorolóxica, como sabedes esta mide de xeito discreto no punto concreto onde se ubica. Se ben neste proxecto debería escollerse
un punto representativo de toda a praia, foron a conexión a internet e a seguridade as variables que prevaleceron nesta elección. Estas obrigacións no fondo
responden á falla de "inversión allea" no sistema o que nos impide poñer en "risco" o equipo. A zona na que se atopa actualmente, se ben pode ser
representativa dunha zona abrigada do extremo norte da praia, non recolle correctamente, tal como aconteceu estos días, a celeridade dos ventos do norte ou
a temperatura do aire no espazo aberto da Lanzada.

Sobre a boia decirvos que a boia mide a altura de ola a través das medidas de GPS. Esta forma de medir a oleaxe non é demasiado sinxela nin permite facer
unha estima inmediata da ola xa que calcula a altura de ola como a diferencias da altura da boia en relación a unha cota cero. Estas primeiras semanas
de Infolanzada, ademáis de para mellorar o sistema, van a servirnos para mellorar o algoritmo do cálculo da altura de ola. Se observades o histórico de 15 días,
veredes como existe unha altura mínima que en vez de ser nula, correspondendo a días de calma como tivemos no verán, é de 40 cm. Esta altura debería
restarse a todas as olas. Do mesmo xeito, as medidas de ola teñen un erro natural que da valores puntuais anómalos e deberían filtrarse para amosar un dato máis
robusto. En calquera caso temos confianza nos datos que como veredes, sí responden ás condicións do medio, sendo no verán directamente proporcionais
á velocidade do vento.

Despois de Agosto traballaremos en mellorar o algoritmo de cálculo da oleaxe restando esa diferencia e filtrando os datos. Ademáis moveremos á estación meteorolóxica porque entendemos que a partir desa data os principais usuarios da praia serán os deportistas naúticos (surf, windsurf...). Tamén nos gustaría
decirvos que achegaremos a webcam á praia, a cal en vez de amosar unha imaxe cada 60', emitirá en streaming. Marcámonos como límite para estas melloras
o 19 de setembro cando comezará unha proba do Campeonato do Mundo de Surf na Lanzada.

Agradecemos os vosos comentarios que sen dúbida serviron para mellorar o servizo de Infolanzada. Froito deles, xa tedes de xeito sinxelo información
sobre o período de ola, a velocidade en graos e nós ou o pronóstico de Surf-forecast.

Atentamente,
 
Ahí seria o sitio perfecto...

http://infolanzada.com/

Boas tardes,

Infolanzada segue achegándose cada vez máis ao tipo de web de información que desexa ser.
Despois das últimas melloras na determinación da oleaxe e despois de superar diferentes barreiras
técnicas este fin de semana, agora e por un breve tempo, xa temos a webcam nun punto moito máis
interesante e útil para todos. Agardamos que vos guste e que no futuro poidamos concretar as
xestións oportunas para estar tan perto do mar.

En breve xa vos adiantamos que lanzaremos a App para Android onde poderedes consultar as
imaxes e información de Infolanzada e moito máis. Despois do debate que tivemos e considerando
as vosas propostas, decirvos que esa App chamarase Infocosta.

Atentamente,

Equipo de Sondara Solucións
 
Volver
Arriba