Navegada entre Freixo e Testal - 12 de xullo

doremarinho

Usuario activo
Mensajes
98
Puntos
0
Ubicación
Galicia
Sábado 12 de Xullo, ás 16 horas faremos unha navegada no mar do Freixo , convivindo Kiters, windsurfers e sailors: navegantes ociosos.

A idea é navegar e encontrarnos no mar, máis tarde ás 20 horas quedaremos tod@s xuntos no centro náutico para conocelo e disfrutar dun churrasco todos xunt@s, as persoas que participen do encontro social aportarán 10 €, confirmando asistencia o xoves dez de xullo.

Só fai falla o vento

Para máis info: contactar Alex Pombo
centronautico@outes.es
616324098
https://www.facebook.com/events/1426475664300178/?fref=ts&locale=pt_BR
 
Comparto a información por se os grupos que navegan noutras rías. Xa sabedes todos que non é a mellor zona para o wind, pero estase impulsando a práctica na escola de vela do centro náutico. Eperámosvos!!
Saúdos
 
doremarinho dijo:
Só fai falla o vento

E que esté a marea chea e viva, non?
As veces que pasei por alí, nunca me deu a sensación que se podería navegar con seguridade de non quedar encallado.

outes-testal.jpg
 
Que buena iniciativa!!! ya me gustaría ir pero ese día estaré dandole patadas a las piedras del pindo [aiba] . Y si se cumple la previsión hasta puede haber buenas condiciones
Y con puente nuevo y todo ya era hora [ojos] [ojos] [ojos] [ojos] [ojos]
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2014/07/04/cincuenta-millones-inversion-acercan-santiago-ria-noia/0003_201407G4P12991.htm
 
Si que hai perigo de catapulta por encallamento Neira, (dou fé) pero non é para tanto!! Con media marea baixando xa tocas cun alerón de 38 cm en certos puntos xa chegando á praia de testal, pero é unha zona ideal para praticar o waterstart por exemplo ... Xa con marea baixa a saída de Testal faise despois de camiñar un rato coa auga polos nocellos. o sábado dan as mareas baixas ás 10:29 e ás 23:03. Así que dende medio día xa estará interesante. Polo demáis, ó suroeste da lomba da misela, xa chegando á punta do cabalo, pódese un beneficiar do mar coma un plato mesmo os días de nordés forte, xa que a lomba anula o chopi e queda algo parecido a un run de velocidade. Fai anos había unha cuadrilla de windsurfistas que saían de Boa e cruzaban ata Coterín cun plano de auga interesante. Na lomba coas suradas e a marea apropiada rompe unha oliña pequena que permite algún inicio de surf e algún amago de salto, con pouca profundidade na amerizaxe se non se tén cuidado de onde se salta.

O dito non é o mellor lugar pra o windsurf, peron non deixedes de probalo. A salida con nordés dende a praíña que hai xusto antes da escola de vela do Freixo é bastante sinxela, con menos vento que máis adentro na ría, pero sen sombra de vento, o que non se pode dicir nin da praia de Broña nin da seguinte de Portosiavo. A paisaxe dende a auga, sobre todo pola parte de Testal é espectacular, pianres sen edificacións que chegan a dar sombras ó mar!! Unha gozada particular para os que alí navegamos.

E agora dende Compostela chégase en 30 mins. tanto ó Freixo como a Testal. Naish 72, ó Freixo xa se chegaba pola ponte do engano nese tempo, a novidade é que agora non fai falla cruzar Noia para ir a para Testal, é algúns días o tráfico na vila era pra desesperarse!!

sen máis, saúdos e ata vernos nalgunha praia.
Bo vento a todos
PS: Por certo, o concello tén servizo de gardamaterial de wind por 6 euros/mes nos horarios de apertura ó público, con dereito ás instalacións (duchas, ferramenta pra reparacións, etc)
 
Volver
Arriba